
Desde la dirección de la orquesta Costa Dorada nos hacen llegar el siguiente comunicado en referencia a la joven que ha subido al escenario en las fiestas de Covas (Viveiro) del pasado viernes día 23.
Como xa todos sabedes debido as diferentes informacións que están circulando tanto nas redes sociales como na prensa o pasado día 23 durante a nosa actuación subiu ó escenario unha rapaza, non imos facer comentarios nin valoracións porque hai suficientes vídeos para que cada un opine.
Dende a dirección de "Costa Dorada" queremos dicir que tanto o comportamento dos nosos músicos como da comisión de festas como do público en xeral foi EXEMPLAR, estamos abrumados polas mostras de cariño e afecto recibidas. A actuación do presidente da comisión de festas de Covas foi a de intentar protexer a orquestra, a festa e o público que abarrotaba a plaza. Actuación IMPECABLE.
A orquestra "Costa Dorada" ten un cariño especial pola festa de Covas, en toda a mariña lucense sentímonos queridos e ata mimados por un público que conta con moita frecuencia co noso traballo, así que GRACIAS.
Dende a dirección de "Costa Dorada" puntualizar que a orquestra non foi denunciada en ningún momento, por suposto como parte implicada explicamos o acontecido ante a Policía Nacional en Viveiro e levamos os vídeos da actuación donde se pode ver todo o acontecido durante este episodio. Que "Costa Dorada" non ten previsto denunciar a ninguén por escándalo nin por ningunha outra cousa, en fin, non facer máis leña dun episodio desgraciado especialmente para a súa protagonista.
"Costa Dorada" é orquestra, é festa, é alegría e bó rollo así que xentiña "Entrégate a bailar"!!!!
