
Ola a todos… Aínda que o dúo Eclipse levamos un tempo sen dar sinais de vida, non estivemos cos brazos cruzados, senón que seguimos traballando no local de ensaio para dalo todo para o 2022.
Como xa non aguantamos a rematar o ano aquí vos deixamos o cartel da nosa seguinte actuación.
Tamén adiantarvos que en fin de ano estaremos no Restaurante OS CAMPELIÑOS en Escairón.
Non perdades de vista as nosas redes sociais (facebook e instagram), Orquestas de Galicia, nin a nosa web (www.duoeclipse.es) para informarvos das novidades e novas datas, porque este 2022 seguiremos dando moita tralla polas verbenas.
ESPERAMOSVOS A TODOS CON MOITAS GANAS DE FESTA
